A BOCA DO MONTE

a boca do monte 6

A boca do monte. Editorial Galaxia, 2016.

ISBN: 978-84-9865-688-6

Sobre a construción do túnel de Montefurado  e a extracción do ouro en tempos do emperador Traxano existe unha moi abundante información recompilada en ensaios, teses de doutoramento, artigos, blogs… Esta novela bebe de todas esas fontes históricas e arqueolóxicas, pero tamén das lendas da tradición oral, dos mitos que sobre o tema aínda subsisten na comarca quiroguesa.

Mais A boca do monte é unha novela e, por tanto, unha obra de ficción. Non procura o rigor histórico nin segue rixidamente as diversas fontes consultadas; pretende contar unha historia, actualizar o pasado e dar voz ás xentes anónimas que participaron na creación desta obra de titáns.

Nos primeiros anos do século II, a apracible existencia dos habitantes do Castro de Ares vese alterada pola chegada dos romanos, ávidos de conseguir o ouro que o Sil arrastraba. A construción do túnel de Montefurado condicionará as vidas de Navia e Tureno, de Caio e Cornelia, de Aldriz, de Moira…

Sinopse: “Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse. E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de Galicia máis que como man de obra á que escravizar. Pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. Unha viaxe pola Galicia de hai moitos séculos. Pero tamén pola Roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.”

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s