Unha verdade amarga

Coincidindo co Día das Letras Galegas, recibo os exemplares da nova novela -Unha verdade amarga- publicada pola Editorial Galaxia. A familia crece!! 🙂     Advertisements

Presentación Velaí vai o papaventos en Allariz

O próximo sábado, 28 de xuño, terá lugar a presentación da obra Velaí vai o papaventos na Fundación Vicente Risco de Allariz. Programa: Obradoiro de creación de papaventos, polo mago Gusi Presentación de Velaí vai o papaventos, coa participación de Celia Díaz e Celia Parra. Lectura dramatizada dun fragmento, a cargo de nenos e nenas…

Velaí vai o papaventos

  Chegaron xa os exemplares do meu último libro: Velaí vai o papaventos, obra de teatro en tres actos para rapaces. Consorcio editorial  encargarase de distribuíla polas librerías do país. Grazas a Marina Seoane polas fermosas ilustracións que enchen de vida e de color as páxinas desta historia de amizade e superación. E grazas a…

O papaventos xa voa

  Xa quedan poucos días para  recibir os exemplares da miña última obra de teatro: Velaí vai o papaventos. O meu segundo texto teatral, despois de Cataventos e cía.  (Baía Edicións) De momento, Berto -o protagonista- xa iniciou o voo desde Amazon en formato libro electrónico. Ilustración da portada de Marina Seoane. Voa, voa, meu papaventos!