A BOCA DO MONTE

A boca do monte. Editorial Galaxia, 2016. ISBN: 978-84-9865-688-6 Sobre a construción do túnel de Montefurado  e a extracción do ouro en tempos do emperador Traxano existe unha moi abundante información recompilada en ensaios, teses de doutoramento, artigos, blogs… Esta novela bebe de todas esas fontes históricas e arqueolóxicas, pero tamén das lendas da tradición…

Velaí vai o papaventos

  Chegaron xa os exemplares do meu último libro: Velaí vai o papaventos, obra de teatro en tres actos para rapaces. Consorcio editorial  encargarase de distribuíla polas librerías do país. Grazas a Marina Seoane polas fermosas ilustracións que enchen de vida e de color as páxinas desta historia de amizade e superación. E grazas a…

O papaventos xa voa

  Xa quedan poucos días para  recibir os exemplares da miña última obra de teatro: Velaí vai o papaventos. O meu segundo texto teatral, despois de Cataventos e cía.  (Baía Edicións) De momento, Berto -o protagonista- xa iniciou o voo desde Amazon en formato libro electrónico. Ilustración da portada de Marina Seoane. Voa, voa, meu papaventos!