O papaventos xa voa

  Xa quedan poucos días para  recibir os exemplares da miña última obra de teatro: Velaí vai o papaventos. O meu segundo texto teatral, despois de Cataventos e cía.  (Baía Edicións) De momento, Berto -o protagonista- xa iniciou o voo desde Amazon en formato libro electrónico. Ilustración da portada de Marina Seoane. Voa, voa, meu papaventos!