ADELIÑA

SINOPSE

Cando Alba atopou na vella casa de Pacios un prendedor de pelo, non podía imaxinar o sorprendente mundo que ante ela se ía abrir. O prendedor será a pista que lle permitirá descubrir o misterio de Adeliña, a nena desaparecida da que ninguén volveu ter noticia.

DETALLES

Xénero: Novela

Páxinas: 110

Data publicación: 21/05/2004

Edita: Deputación de Ourense

ISBN: 84-96011-62-3

Ilustracións: Luís Sendón.

I PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PURA E DORA VÁZQUEZ

Recensión en FILIX

“É un relato misterioso e inquedante, tamén con protagonista principal feminino, que propón a existencia dunha porta que permite comunicar o mundo real con outra realidade, especie de cárcere-paraíso, no que viven intemporalmente rapaces de todas as épocas que no seu momento foron dados dos desaparecidos. A este mundo chega a protagonista xunto cun amigo seu e unha vez alí deberán optar por tentar recuperar a súa propia vida, incluíndo a inevitable morte, ou permanecer para sempre nesa especie de limbo intemporal onde o primeiro que se perde é a lembranza do xa vivido”

(María Jesús Fernández, revista CLIJ 186, outubro 2005)

Galaxia

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.