CELIA DÍAZ NÚÑEZ

ESCRITORA

Menú

Saltar ao contido
  • BIOGRAFÍA
  • LIBROS
  • BOOKTRAILERS
  • PRENSA
  • FOTOS
  • CONTACTO

AS FACES DO DIAMANTE

SINOPSE

Unha anciá que camiña con zapatillas rotas, unha rapaza rescatada dun colector do lixo, un anciano que se esforzou por cumprir un juramento que non debeu pronunciar, un rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, unha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, unha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e frío ou unha nena judía no gueto de Varsovia son algúns dos protagonistas destes relatos. Todos eles achegan o seu particular punto de vista dos segredos, areias, decepcións ou vergonhas que marcan a sua vida; unha visión nunca coincidente coa das outras persoas que comparten os mesmos sucesos, porque a verdade, coma os diamantes, é distinta segundo o ángulo desde o que a observamos.

Relatos que se entrecruzan e personaxes que reaparecen en distintas etapas vitais, creando unha historia plural que abrange máis de oitenta anos.

DETALLES

Xénero: Narrativa (relatos)

Páxinas: 178

Dimensións: 135 x 210 mm

Deseño: Rústica con lapelas.

Data de publicación: 6/9/2023

Colección: Literaria

Nº: 487

ISBN: 978-84-1176-140-6

RECENSIÓNS en PRENSA

O poliedro que debuxa Díaz Núñez trae a estas páxinas un mosaico de atractivos personaxes, cheos de dúbidas, de segredos e de razón bretemosas. Son personaxes ben humanos, inseguros, habitados polo amor e o desamor, pola lealdade e polo rancor, pola solidariedade e pola vinganza. En fin, pola mellor e tamén pola peor versión de nós mesmos. Escrito con oficio e solvencia, con inteligente manexo do simbólico, este As faces do diamante Amosa unha estrutura circular que vai deluvando as narración nun ir e vir de acontecementos (re)interpretados á luz de contextos cambiantes e, sobre todo, da ollada diverxente e mesmo en moitos casos antitética dos diferentes personaxes. (Armando Requeixo)

Do lado formal destaca a perfección expresiva e a pulcritude estilística. Do conceptual, a capacidade de Celia para entender as vivencias alias en toda a súa complexidade. Esa calidade das grandes autoras de ponerse no lugar e “ver” cos ollos dos outros. E non só desde a perspectiva mental e racional, tamén desde a sentimental, interiorizando o que senten, sofren e padecen. Na proposta de Celia os personaxes aparecen e desaparecen, crúzanse e entrecrúzanse, ganduxando unha trama tan densa e varia que o texto final ben poderío ser cualificado, en sentido lato, de novela. (Xulio L. Valcárcel)

As faces do diamante ten a complexa simplicidade dunha arañeira. E tamén a súa sutileza. Posúe a delicadeza esa arañeira vista a contraluz nunha mañá cedo, cando aínda está chea de perliñas rebrillantes por mor do orballo. Unha delicatesse irrenunciable (Ramón Carredano Cobas)

Celia Díaz Núñez, nesta súa nova entrega posiciónanos expectantes diante dunha realidade compartida por diversas personaxes que viven condicionadas por un único suceso que as afecta de desigual maneira a cada unha, pois cada unha ten o seu propio ángulo de percepción, os seus propios interesas e, polo tanto todas se senten inmiscidas desde el. Velaí teñen un breve percurso por este título onde nada é alleo a nada, todos debemos sentirnos afectados polas situacións que nos achega, que á súa vez gardan unha contigüidade moi ben pensada, non se trata dun libro de relatos amoreados máis, nin é un libro que quede pechado tras a lectura do conto final, sempre que vostedes, que son quen le, se sintan implicados pola lectura. A autora cumpriu a súa parte, agora queda en mans de vostedes. (Xosé Manuel Eyré)

A autora a través de dez historias interconectadas mergúllanos en temas de hoxe e de sempre como a soidade, o dereito a soñar, o dereito a ser diferente, a frustración da vivencia da emigración ou a envexa a través de realidades ben diseñadas en moi poucas palabras e que nos dan conta de situaciones onde as emocións van ser as condutoras dos comportamentos humanos.[…] Resulta moi orixinal a maneira en que a autora relaciona aves e personaxes de maneira que as primeiras dan conta da existencia ou dos desexos dos segundos. Así atoramos paxaros encerrados, atrapados nunha gaiola igual que as personagens están atrapadas polos lazos afectivos mais sempre fica o desexo da realidade imaxinada da liberación. (Pilar Ponte)

Celia Díaz Núñez, na súa última obra, As faces do diamante, percorre, ao longo de dez relatos, situacións onde a soidade e o enclaustramento asolagan os personaxes, tecendo un entramado poliédrico (coma a propia pedra preciosa) en que sempre hai fíos que enlean narracións para dotalas dunha dimensión poliédrica tremendamente posmoderna. Deste xeito, o illamento do individuo móstrase en moi distintas épocas e en lugares moi afastados, e vai dende  o máis puramente supremacista -un gueto en Varsovia- ata a abafante señardade da senectude, pasando por contextos de emigración, familias quebradas ou mesmo relacións sentimentais que, debido aos códigos sociais e morais, deixan os personaxes nas marxes da sociedade.[…] As propias citas  que abren a obra, en relación co título, sinalan o necesario entendemento da verdade como unha cuestión angular e fragmentada que require de moitas voces e miradas, polo que o multiperspectivismo e a utilización profusa do estilo indirecto libre como forma de diluír na voz narrativa os pensamentos dos propios personaxes son esenciais. […] Esta obra é, en definitiva, un espello onde se reflicten varias xeracións marcadas pola saudade, pola fraxilidade e pola necesidade de atopar, sempre, unha vía de escape. (Lidia Leis García)

Unha achega interesante, en fin, ás dimensións que encerra a condición humana, tantas veces contradictoria, a través da reconstrucción ou grazas á concepción dun feixe de vidas condicionadas, todas elas e nun espazo cronológico que ocupa oito décadas, por limitacións e obrigas que imponen os códigos sociais; pola sucesión de vivencias en espazos opresivos, sean estes interiores ou exteriores; polo contraste das situaciones reveladas e por un estado das cousas que se cuestiona se se quede con sutileza mais con pulso firme e rotundidade. (Ramón Nicolás)

Entrevista Diario Cultural (29/1/24)

Widgets

CELIA DÍAZ / CREADO CON WORDPRESS

Create a website or blog at WordPress.com
  • Subscrición Subscrito
    • CELIA DÍAZ NÚÑEZ
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • CELIA DÍAZ NÚÑEZ
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Copy shortlink
    • Report this content
    • View post in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...