
SINOPSE
A vida transcorre lenta, moi lenta. no Castelo de Pena Redonda polo ano 1250. O bufón Lourenzo argalla mil andrómenas nun inútil intento de divertir o rei Ramiro I, comellón e pousafoles. Mentres, raíña dona Elvira só está pendente de adquirir xoias e vestidos para engalanarse, e a princesa Catariña soña viaxar e coñecer mundo. A chegada de Pancho, un enigmático e encantado príncipe portugués, virará a rutina do castelo.
DETALLES
Xénero: Teatro
Páxinas: 65
Dimensións:
Data publicación: outubro 2018
Colección: Teatro escolar
Editorial: Fervenza
ISBN: 978-84-17094-45-4
Ilustracións: Ricardo Cid
PREMIO DE TEATRO INFANTIL O FACHO 2016
Lourenzo, o bufón, xa preparado para comezar a función. Ao seu carón, o sapo Pancho :))