
SINOPSE
Un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoas que están refuxiadas e das que ninguén quere saber. É unha historia de tenrura e de valentía. De luz no medio da escuridade. Unha boneca inesquecible unha historia inesquecible.
DETALLES
Xénero: Teatro
Páxinas: 80
Deseño: Rústica
Dimensións: 130 x 200
Data publicación: 30/06/2020
Colección: Árbore
Ilustracións: Kristina Sabaitez
ISBN: 978-84-9151-472-5
Observacións: a partir 12 anos
PREMIO TEATRO INFANTIL O FACHO 2019
PODCAST FEIRA DO LIBRO 2020
RECENSIÓNS en PRENSA (Aquí)
“A mensaxe da obra foxe dos habituais recursos do didactismo extremo para adoptar a forma de esperanzas e soños das crianzas. Vítimas que, mesmo desposuídas de todo, seguen acreditando con forza en que existe un futuro a construir sen as amarguras e crueldades do pasado”. (Mario Regueira)
“Unha obra idónea para tomar conciencia da traxedia dos refuxiados e da necesidad de non deixar que se apague endexamais a luz da ternura, a afouteza e a esperanza”. (Armando Requeixo)
Unha obra que trata desas guerras invisibles, do día a día das miles de mozas e mozos, pais e nais e irás, que están refuxiadas e das que ninguén quede saber. Díaz Núñez pousa a ollada desde a tenrura, mais tamén desde a valentía mais o optimismo”. (Belén Bouzas)
“Moi relevante o tratamento da historia, preñada de fraternidade e de irmanamento nun perfecto símbolo da infancia castigada polas manobras políticas dos adultos”. (Manrique Fernández)