
SINOPSE
Cando Daniel Pereira inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida de dúas familias verase radicalmente transtornada. Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán justificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldrabes amoreadas en mottos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa reconocerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente. Unha historia sobre a identidade e a memoria.
DETALLES
Xénero: Narrativa (novela)
Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Dimensións: 135 x 210
Data publicación: 18/5/2017
Colección: Literaria
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-059-8
Nº da colección: 360
RECENSIÓNS en PRENSA (Aquí)
“Unha verdade amarga é tamén unha novela de indagación psicológica, que non desbota algunhas pingas de thriller e mesmo de relato amoroso, nun cóctel ben menstruado que se serve en prosa de cristal fino” (Armando Requeixo)
“Díaz consegue construír unha narrativa que se tense en si mesma, erigida co fino coidado dunha ourive” (Montse Pena Presas)
“O realismo, lonxe de estar periclitado, segue a mandar no mundo da novela”. (Vicente Araguas)