VOCES DA TERRA

SINOPSE

As paisaxes e as xentes quiroguesas están presentes nun bo número de significativos escritores contemporáneos: Ánxel Fole, Manuel María, Ernesto Guerra da Cal, Eduardo Moreiras, Xulio López Valcárcel… Neste libro trázase a vinculación destes autores coa terra de Quiroga e reúnen os textos literarios, acompañados de imaxes dos lugares citados.

DETALLES

Páxinas: 166

Data publicación: 1995

Edita: Concello de Quiroga

ISBN: 84-606-2297-5

RECENSIÓN

“Hai xa unha década que a profesora Celia Díaz publicou un libro singular, atractivo e riguroso, sobre os escritores quirogueses ou que tiñan, malia non teren nacido neste fermoso val, como espazo lírico ou narrativo, como motivo e centro das súas obras, as terras  e as xentes da montaña e do val que cruzan silandeiros os ríos deste paraíso noso: o Sil, o Lor, o Soldón, o Quiroga, o Ferreiriño e tantos outros regueiros ledos.

Voces da terra  é daquela un libro necesario, un libro que debía estar en tódalas casas do val, en tódolos petos dos mozos e das mozas, nas bibliotecas escolares, ser un referente na vila en toda iniciativa de sensibilización e animacíon lectora. É tamén un libro pioneiro, agora que tanto se está a falar das Vilas Literarias, da creación dunha rede de vilas literarias de Galicia”

(X. PÉREZ MONDELO, Celia Díaz e as Voces da terra, papelmarelo.blogspot.com)

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.