
SINOPSE
Libro de pasatempos: encrucillados, cruzadas, sopas de letras, xeroglíficos, saltos de cabalo, fuga de vogais… Consta de dous niveis segundo a dificuldade. No nível 1 propóñense 16 xogos centrados en aspectos de léxico (cruzada visual, sopa de letras…), ortografía (serpe, tres eran tres, sílaba fixa, incógnita, encrucillado), literatura (fuga de vogais, trasnadas), etc. No nivel 2 inclúense outros 30 xogos para abordar distintos niveis gramaticais e tamén propón outros que requiren unha unha maior perspicacia para a resolución dos xogos (encrucillado branco, brincadeira, autodefinido branco). Neste nivel tamén se lle concede máis importancia ao ámbito literario, xa que moitos dos xogos baséanse na descuberta de títulos e pasaxes de obras literaria, de nomes de escritores, etc. Libro de carácter lúdico cunha finalidade didáctica.
DETALLES
Páxinas: 125
Data publicación: 2002
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 978-84-8302-864-3
Ilustracións: Santiago Gutiérrez