La hija del este vs. Il torto del soldado

LIBROS COMO CEREIXAS

Fillas de criminais de guerra

La hija del este e Il torto del soldato (relato incluído no libro A grandezza naturale) coinciden na historia de dúas mulleres cuxa vida cambio por completo cando descobren que seu pai é un criminal de guerra.

En Il torto del soldado (Erri di Luca, 2012), unha moza austríaca descobre que o ancián que ela cría o seu avó é en realidade o seu pai,  un nazi responsable da morte de moitos xudeus, que leva unha existencia clandestina con outro nome e un sinxelo traballo de carteiro para non ser identificado e xulgado. A rapaza debátese entre a repulsión ante o pai criminal e a compaixón polo velliño e o deber de coidalo. Mentres o pai considera que o único problema é a derrota, a filla retruca “Potevi vincere tutte le guerre, sarresti lo stesso un criminale”.

La hija del Este (Clara Usón, 2012) está baseada na figura de Ana Mladic,  unha rapaza de B 23 anos,  estudante de medicina en Belgrado, que nunha viaxe a Moscova descobre que o seu cariñoso e amado pai, o xeneral serbio Ratko Mladi, non é o héroe de guerra que ela pensaba, senón un criminal responsable das maiores atrocidades na guerra de Bosnia.

O seu pai era para ela “un idealista, disposto a deixar a pel o o sangue o os ósos polo seu pobo”, “un ser tímido, cun gran corazón”, “un home que lamentaba a morte dun insecto” “. “Sí, el general Mladic podía ser terrorífico, pero Ratko, su padre, era encantador”. A medida que fixa a súa ollada no primeiro, o héroe troca en asasino. 

Mentres os pais se amosan orgullosos dos seus actos, as fillas soportan o peso da culpa, toman conciencia do sangue herdado do que non poden liberarse porque sempre serán as fillas dun asasino.