
Mulleres e raza
Tres novelas de tres escritoras afroamericanas que denuncian o problema racial dos Estados Unidos desde a perspectiva das mulleres. A cuestión da raza únese á de xénero porque, se os homes negros sufrían o racismo, moito máis as mulleres.
-A rosa negra (Our Nig, 1859), é unha autobiografía novelada de Harriet E. Wilson, unha das primeiras novelas publicadas por unha muller afroamericana. Conta con edición en galego na editorial Hugin e Munin (2020) e tradución de María Reimóndez (VI Premio Follas Novas de Tradución).
-Pasar (Passing, 1929), de Nella Larsen. Publicada en galego en 2017 por Irmás Cartoné, tradución de Carlos Valdés García. Levada ao cine en 2021 por Rebeca Hall Passing (titulada Claroscuro para os hispanofalantes e xa en Netflix), constitúe o seu debut como directora.
-La calle (The Street, 1946), de Ann Petry, a primeira escritora afroamericana en vender máis dun millón de exemplares dun libro. Unha novela que foi un éxito de vendas e de crítica.
Quedan outras moitas cereixas no cesto: Chimamanda Ngozi Adichie (Americanah), Toni Morrison (Beloved, The Bluest Eye), Alice Walker (The Color Purple)… pero estas tres son un bo inicio.