
A infancia maltratada e a imposición dunha lingua allea
En El gran cuaderno (Agota Kristof, 1987), primeiro dos libros da triloxía Claus e Lucas, coñecemos a historia de dous irmáns xémeos deixados pola súa nai ao coidado da avoa, unha anciá cruel e avara que non experimenta ningún amor polos netos e obrígaos a traballar sen descanso se queren ter comida aloxamento.
La abuela es la madre de nuestra madre. Antes de venir a su casa no sabíamos que nuestra madre aún tenía madre. / Nosotros la llamamos abuela. / La gente la llama La Bruja. / Ella nos llama “hijos de perra”.
En plena Segunda Guerra Mundial en Hungría, os dous irmáns aprenden a resistir física e mentalmente, aprenden a mentir, a roubar ou mesmo a matar.
El jardín de vidrio (Tatiana Tibuleac, 2019) conta a historia de Lastochka, unha nena moldava que é rescatada do orfanato por unha anciá -Tamara Pavlovna- co único propósito de que traballe para ela recollendo botellas de vidro polas rúas da cidade. Traballo físico interminable a cambio de sustento, violencia, miseria… Tampouco recibirá agarimos da anciá, senón ríxidas advertencias e consignas, tamén continuas labazadas
Que diferente do trato agarimoso e protector que goza Pedriño na casa da tía Ádega!
Outra similitude das dúas novelas é o conflito entre as línguas, tamén presente na biografía persoal das dúas escritoras. (Agota Kristof ocúpase deste tema en L’Analphabète).
A protagonista de El jardín de vidrio debátese entre a súa lingua rumana e a lingua rusa imposta. “Aprende ruso, sen el non tes nada que facer”, dille Tamara e obrígaa a aprender sete palabras cada día, e golpéaa cada vez que erra.
“Como rusa me situaba más arriba que como había nacido. Sin embargo, dije “no”. Elegía los moldavos, los despojos. Me azotó hasta hartarse”.
Tamén Claus e Lucas aprenden as linguas dos invasores que as sucesivas ocupacións (alemá primeiro, despois soviética) traen consigo. Tamén dese coñecemento saberán sacar proveito: “A todo el mundo le falta de todo. A la abuela y a nosotros no nos falta de nada”.
El gran cuaderno e El jardín de vidro, ademais doutros moitos tema de interese, poñen diante dos nosos ollos a crueldade, a frialdade emocional e a necesidade de sobrevivir polos medios que sexa.