
Violencia familiar
Álbum de familia (Een hart van steen, Renate Dorrestein 1998) e Delatora (My life as a rat, Joyce Carol Oates, 2019) están protagonizadas por dúas mulleres duns trinta anos que rememoran a traumática experiencia familiar que viviron cando tiñan doce.
Violet Rue e Ellen sofren a perda dos vínculos familiares, as dúas coinciden no sentimento de culpabilidade. Pero son tamén dúas superviventes que atopan a maneira de tirar para adiante coa súa vida.
-Mentres repasa as fotos do álbum familiar, Ellen intenta comprender a traxedia que se produciu na súa casa un día de 1972, cando “la vida nos explotó en la cara como una bomba”.
-Violet Rue, repudiada pola súa familia despois de que inadvertidamente se convertese en delatora dos irmáns, debe expiar a súa culpa coa exclusión da familia. Un longo exilio durante o cal mantén a esperanza de ser perdoada e readmitida no seo familiar.
Dúas novelas que exploran a violencia familiar, a mentira, a crueldade, a culpa.